Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Camariñas acende o Nadal en todas as parroquias


Sandra Insua destacou que “nós non nos imaxinábamos un
Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo.
É momento de ter ilusión”.
A alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, levou a cabo hoxe o acendido da iluminación de Nadal, que chegará outro ano máis a todas as parroquias do municipio.
No acto a rexedora destacou que “nós non nos imaxinábamos un Nadal coas rúas escuras. Xa houbo e hai suficiente pesimismo. É momento de ter ilusión” e “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles” e lembrou que “as luces tamén axudan a dinamizar o comercio e á hostalaría, que tanto están a sufrir coa pandemia. Non podíamos fallarlles”. Instaláronse elementos decorativos tanto nas rúas como nas prazas e nos diferentes espazos públicos de todo o municipio.